1. |
Lume ft. La Raíz
04:33
|
|
||
Faíscas, que transformen en vida
toda a enerxía contida que fica escondida.
Hai fendas no muro e un raio de sol ilumina unha flor
que medra entre medo e mentiras.
Quen o vexa que o diga!
Que abra a xanela e que deixe voar a rabia e os soños...
e que se escoite a proclama: LUME!
Lume, mais lume, moito mais lume.
Se vós espallades miseria
sementaremos resistencia e rebelión,
axitación e versos libres.
É a rebeldía a que dignifica a un pobo.
Filosofía incendiaria
ante esta indignación sen reacción,
que alguén de a voz de alarma.
Ide baixando da nube
e prendamos lume ó mundo real!
Lume, mais lume, moito mais lume
Barricadas ideolóxicas
ante a súa estratexia demagóxica
para prender as conciencias,
queimalo todo co fin de idear algo novo
Ben sei que aínda somos poucas
a pe de rúa e decididas a loitar,
se cadra é agora ou nunca,
ven, colle a miña man, non nos calarán.
Tan só precisamos
unha estrela no pensar
e no bico un cantar
e terte a ti ó noso carón
A pesar das diferencias
sempre podemos sumar,
e confiar, gota a gota somos mar.
Cuando sientes que te quedas atrás,
cuando te arrastras para poder llegar,
cuando imagines un más justo final,
cuando es el miedo el que no tiene lugar,
si tienes una meta y quieres ganar,
si estás cansado tú, dale más, dale gas!
un terremoto que se hace notar,
ruxen as rúas, cantan libertad.
A tu manera, revive la hoguera
yo soy fogueira, soy ritmos primitivos.
No vamos a ciegas, no seguimos reglas.
Voy a por todas, está decidido.
Arropado por los brazos de este ritmo
bailo entre las llamas que despiertan mis sentidos.
No camiño dun menino até as un nubes,
lanza un guiño, dalle lume.
Lume semente de vencer, lume contra o poder.
Lume, semente de vencer, lume insurrecto contra o poder
|
||||
2. |
Escarnio e maldizer
04:08
|
|
||
¡As rúas serán sempre nosas!
Cando tapiaron o centro social
a nosa mensaxe xa estaba na rúa.
Estamos aquí, seguimos en pé
se cadra mais fortes que nunca.
Máis de mil días de autoxestión
que deixan sabor a vitoria,
¡porque os desaloxos non matan ós soños!
A veciñanza nos segue a apoiar,
a nosa pegada aínda perdura.
A represión espertou á fera,
volve a berrar Compostela.
As bandeiras negras do noso balcón
hoxe encabezan manifestacións,
estamos aquí, seguimos en pé,
listas para combater.
O que na Algalia xerminou endexamais pode morrer (mellor xermolar que xerminar, pero vale)
Escarnio e maldizer!!
Resistir até vencer cun sorriso por bandeira, (mellor ata que até)
ingobernables, temerarias e ilegais.
¡As rúas serán sempre nosas!
Non estades soas
Contracultura popular
Planifica a túa loita
Non deixes de berrar
Desaprendendo,
ceibando espazos para medrar,
para compartir, debater e pasalo ben.
Para coñecerse e autoxestionarse,
para crear alternativas a este réxime.
Un desaloxo? Outra okupación!
Non creades que vos librades de nós,
estamos aquí, seguimos en pé,
listas para combater!
¡As rúas serán sempre nosas!
|
||||
3. |
|
|||
No circo da súa vida tódolos pallasos eran capitáns do barco das alegrías.
Malabarista insurxente, sen medo do que veña e con ganas de máis, obreiro das fantasías.
Bum bum, que soen os tambores e que o lume torne en fume toda a nosa dor,
segue a latexar en nós o teu corazón.
Non pedimos permiso, seguimos o camiño que algún tempo atrás esbozou o teu sorriso.
Seguiremos a bailar neste eterno festival
bebendo das lembranzas…
Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor,
cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción.
En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer,
prendendo fogueiras nas praias.
Bumbum, que soen os tambores
E que as gorxas non se sequen para poder cantar as vellas cancións que hoxe son himnos.
Non pedimos permiso, seguimos o camiño que algún tempo atrás debuxou o teu sorriso.
Seguiremos a bailar neste eterno festival
bebendo das lembranzas…
Big up a aqueles que xa non están,
partiron demasiado rápido pero connosco ficarán,
eternamente vivos no verán
no que o tempo se detía cada día chegando o serán.
Lembranzas que xa non deixarán a memoria,
máxicos días de gloria.
Adiante con este circo ambulante
escribindo páxinas da nosa historia.
Esta es la familia que nunca te olvida
para despedirte hoy de nuevo reunida.
Porque los mejores siempre son los que se van.
No volverán, pero permanecerá su recuerdo
grabado en nuestra mente, en nuestro día a día,
siempre presente.
Una época que nos cambió la vida,
doy gracias por cada experiencia compartida.
Seguiremos a bailar neste eterno festival
bebendo das lembranzas…
Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor,
cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción.
En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer,
prendendo fogueiras nas praias.
|
||||
4. |
Sobran as palabras
02:54
|
|
||
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Vou percorrendo as lembranzas,
penso en ti e o que nos queda por vivir.
En cando estiven afundida e en cando fun feliz
Sempre estiveches xunto a min
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Unha sinxela mirada, sen dicir nada
Contigo sobran as palabras
Porqué esta noite non se durme
Escoita ben, quero que saibas que
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Os anos van pasando
Lembra que sempre poderás contar conmigo
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
|
||||
5. |
En Compostela
04:32
|
|
||
Xusto aquí foi onde medraron as bolboretas
que foron xuntando as letras da nosa revolución.
Foi xusto aquí, no campo no que xogan as estrelas
e onde as pedras molladas berran
que hai unha guerra que non rematou.
Onde a ilusión da primeira asemblea
regala miradas que incendian
as noites eternas nas que non queremos durmir.
Entre sucios apuntes e fume furtivo
tragamos o medo e pasamos á acción
e dixemos que non.
Foi xusto aquí, en Compostela.
Resistir neste obradoiro da identidade
construíndo realidades que quixeron desaloxar.
Xunto a ti en centros sociais e facultades
que son o epicentro dun combate
que non sae nas fotos das súas postais.
Cae o sol o 24 de xullo e traemos a terra nos puños
o lume nos beizos e a brisa do mar nos pulmóns.
E lémbrome de min baixo eses soportais
mirando na rúa ós paraugas berrar ¡¡nunca mais!!
Un labirinto de sentimentos dentro de min ó baixarme dese tren.
Volven os bicos, bagoas, sorrisos,
vellas amizades e aquela canción
que na túa habitación escribimos xuntas
en Compostela!
|
Streaming and Download help
If you like Dakidarría, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp