We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Filosof​í​a incendiaria

by Dakidarría

/
1.
Faíscas, que transformen en vida toda a enerxía contida que fica escondida. Hai fendas no muro e un raio de sol ilumina unha flor que medra entre medo e mentiras. Quen o vexa que o diga! Que abra a xanela e que deixe voar a rabia e os soños... e que se escoite a proclama: LUME! Lume, mais lume, moito mais lume. Se vós espallades miseria sementaremos resistencia e rebelión, axitación e versos libres. É a rebeldía a que dignifica a un pobo. Filosofía incendiaria ante esta indignación sen reacción, que alguén de a voz de alarma. Ide baixando da nube e prendamos lume ó mundo real! Lume, mais lume, moito mais lume Barricadas ideolóxicas ante a súa estratexia demagóxica para prender as conciencias, queimalo todo co fin de idear algo novo Ben sei que aínda somos poucas a pe de rúa e decididas a loitar, se cadra é agora ou nunca, ven, colle a miña man, non nos calarán. Tan só precisamos unha estrela no pensar e no bico un cantar e terte a ti ó noso carón A pesar das diferencias sempre podemos sumar, e confiar, gota a gota somos mar. Cuando sientes que te quedas atrás, cuando te arrastras para poder llegar, cuando imagines un más justo final, cuando es el miedo el que no tiene lugar, si tienes una meta y quieres ganar, si estás cansado tú, dale más, dale gas! un terremoto que se hace notar, ruxen as rúas, cantan libertad. A tu manera, revive la hoguera yo soy fogueira, soy ritmos primitivos. No vamos a ciegas, no seguimos reglas. Voy a por todas, está decidido. Arropado por los brazos de este ritmo bailo entre las llamas que despiertan mis sentidos. No camiño dun menino até as un nubes, lanza un guiño, dalle lume. Lume semente de vencer, lume contra o poder. Lume, semente de vencer, lume insurrecto contra o poder
2.
¡As rúas serán sempre nosas! Cando tapiaron o centro social a nosa mensaxe xa estaba na rúa. Estamos aquí, seguimos en pé se cadra mais fortes que nunca. Máis de mil días de autoxestión que deixan sabor a vitoria, ¡porque os desaloxos non matan ós soños! A veciñanza nos segue a apoiar, a nosa pegada aínda perdura. A represión espertou á fera, volve a berrar Compostela. As bandeiras negras do noso balcón hoxe encabezan manifestacións, estamos aquí, seguimos en pé, listas para combater. O que na Algalia xerminou endexamais pode morrer (mellor xermolar que xerminar, pero vale) Escarnio e maldizer!! Resistir até vencer cun sorriso por bandeira, (mellor ata que até) ingobernables, temerarias e ilegais. ¡As rúas serán sempre nosas! Non estades soas Contracultura popular Planifica a túa loita Non deixes de berrar Desaprendendo, ceibando espazos para medrar, para compartir, debater e pasalo ben. Para coñecerse e autoxestionarse, para crear alternativas a este réxime. Un desaloxo? Outra okupación! Non creades que vos librades de nós, estamos aquí, seguimos en pé, listas para combater! ¡As rúas serán sempre nosas!
3.
No circo da súa vida tódolos pallasos eran capitáns do barco das alegrías. Malabarista insurxente, sen medo do que veña e con ganas de máis, obreiro das fantasías. Bum bum, que soen os tambores e que o lume torne en fume toda a nosa dor, segue a latexar en nós o teu corazón. Non pedimos permiso, seguimos o camiño que algún tempo atrás esbozou o teu sorriso. Seguiremos a bailar neste eterno festival bebendo das lembranzas… Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor, cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción. En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer, prendendo fogueiras nas praias. Bumbum, que soen os tambores E que as gorxas non se sequen para poder cantar as vellas cancións que hoxe son himnos. Non pedimos permiso, seguimos o camiño que algún tempo atrás debuxou o teu sorriso. Seguiremos a bailar neste eterno festival bebendo das lembranzas… Big up a aqueles que xa non están, partiron demasiado rápido pero connosco ficarán, eternamente vivos no verán no que o tempo se detía cada día chegando o serán. Lembranzas que xa non deixarán a memoria, máxicos días de gloria. Adiante con este circo ambulante escribindo páxinas da nosa historia. Esta es la familia que nunca te olvida para despedirte hoy de nuevo reunida. Porque los mejores siempre son los que se van. No volverán, pero permanecerá su recuerdo grabado en nuestra mente, en nuestro día a día, siempre presente. Una época que nos cambió la vida, doy gracias por cada experiencia compartida. Seguiremos a bailar neste eterno festival bebendo das lembranzas… Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor, cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción. En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer, prendendo fogueiras nas praias.
4.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Vou percorrendo as lembranzas, penso en ti e o que nos queda por vivir. En cando estiven afundida e en cando fun feliz Sempre estiveches xunto a min Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Unha sinxela mirada, sen dicir nada Contigo sobran as palabras Porqué esta noite non se durme Escoita ben, quero que saibas que Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Os anos van pasando Lembra que sempre poderás contar conmigo Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti. Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
5.
Xusto aquí foi onde medraron as bolboretas que foron xuntando as letras da nosa revolución. Foi xusto aquí, no campo no que xogan as estrelas e onde as pedras molladas berran que hai unha guerra que non rematou. Onde a ilusión da primeira asemblea regala miradas que incendian as noites eternas nas que non queremos durmir. Entre sucios apuntes e fume furtivo tragamos o medo e pasamos á acción e dixemos que non. Foi xusto aquí, en Compostela. Resistir neste obradoiro da identidade construíndo realidades que quixeron desaloxar. Xunto a ti en centros sociais e facultades que son o epicentro dun combate que non sae nas fotos das súas postais. Cae o sol o 24 de xullo e traemos a terra nos puños o lume nos beizos e a brisa do mar nos pulmóns. E lémbrome de min baixo eses soportais mirando na rúa ós paraugas berrar ¡¡nunca mais!! Un labirinto de sentimentos dentro de min ó baixarme dese tren. Volven os bicos, bagoas, sorrisos, vellas amizades e aquela canción que na túa habitación escribimos xuntas en Compostela!

about

El próximo 12 de abril salió a la calle “Filosofía Incendiaria”, el nuevo trabajo de Dakidarría.

El disco reúne las cinco canciones que el grupo escribió y grabó a lo largo del año 2017 “son las que elegimos entre todas las propuestas que tenemos en el cajón, son las que más nos motivaron y las que más nos inspiraron”.

Lo cierto es que Dakidarría fue desgranando este disco durante el último año, adelantando videoclips cada pocos meses. Primero fue “Lume”, después “En Compostela”, más tarde “Sobran as palabras” y el pasado 10 de Abril presentaron el videoclip de “Eterno Festival”. Estas cuatro canciones junto con “Escarnio e Maldizer” (canción compuesta a raíz del desalojo de un centro social okupado en Santiago de Compostela el pasado mes de junio) completan este ansiado trabajo del grupo gallego.

Tras la publicación de “De cuncas e de mar” (CD+DVD en directo) la banda comenzó una extensa gira (Lume Tour) con la que visitaron varios países y actuaron en grandes festivales. A finales de 2017 pararon la maquinaria para grabar este EP entre Santa Cruz Studio (Oleiros) y Estereoarte (Vigo) bajo la tutela de Alberto Castro y la producción de Javier Abreu.

credits

released April 12, 2018

® DAKIDARRIA

Produción musical:
Javier Abreu

Mix & Master:
Alberto Castro

license

all rights reserved

tags

about

Dakidarría Galicia, Spain

+info en www.dakidarria.gal

shows

contact / help

Contact Dakidarría

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Dakidarría, you may also like: