about
Adianto do novo traballo de DAKIDARRÍA
Próximamente +info!
lyrics
No circo da súa vida tódolos pallasos eran capitáns do barco das alegrías.
Malabarista insurxente, sen medo do que veña e con ganas de máis, obreiro das fantasías.
Bum bum, que soen os tambores e que o lume torne en fume toda a nosa dor,
segue a latexar en nós o teu corazón.
Non pedimos permiso, seguimos o camiño que algún tempo atrás esbozou o teu sorriso.
Seguiremos a bailar neste eterno festival
bebendo das lembranzas…
Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor,
cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción.
En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer,
prendendo fogueiras nas praias.
Bumbum, que soen os tambores
E que as gorxas non se sequen para poder cantar as vellas cancións que hoxe son himnos.
Non pedimos permiso, seguimos o camiño que algún tempo atrás debuxou o teu sorriso.
Seguiremos a bailar neste eterno festival
bebendo das lembranzas…
Big up a aqueles que xa non están,
partiron demasiado rápido pero connosco ficarán,
eternamente vivos no verán
no que o tempo se detía cada día chegando o serán.
Lembranzas que xa non deixarán a memoria,
máxicos días de gloria.
Adiante con este circo ambulante
escribindo páxinas da nosa historia.
Esta es la familia que nunca te olvida
para despedirte hoy de nuevo reunida.
Porque los mejores siempre son los que se van.
No volverán, pero permanecerá su recuerdo
grabado en nuestra mente, en nuestro día a día,
siempre presente.
Una época que nos cambió la vida,
doy gracias por cada experiencia compartida.
Seguiremos a bailar neste eterno festival
bebendo das lembranzas…
Daquelas noites prendendo fogueiras nas praias do Val Miñor,
cando soñamos entre tambores e guitarras con outra canción.
En cada calada un sorriso, complicidade ó amencer,
prendendo fogueiras nas praias.
credits
from
Filosofía incendiaria,
track released April 10, 2018
© Incendiaria Rec.
® [DAKIDARRÍA]
Produción musical:
- Javier Abreu
Mix & Master:
- Alberto Castro
license
all rights reserved