We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

Xusto aquí foi onde medraron as bolboretas
que foron xuntando as letras da nosa revolución.

Foi xusto aquí, no campo no que xogan as estrelas
e onde as pedras molladas berran
que hai unha guerra que non rematou.

Onde a ilusión da primeira asemblea
regala miradas que incendian
as noites eternas nas que non queremos durmir.

Entre sucios apuntes e fume furtivo
tragamos o medo e pasamos á acción
e dixemos que non.

Foi xusto aquí, en Compostela.

Resistir neste obradoiro da identidade
construíndo realidades que quixeron desaloxar.

Xunto a ti en centros sociais e facultades
que son o epicentro dun combate
que non sae nas fotos das súas postais.

Cae o sol o 24 de xullo e traemos a terra nos puños
o lume nos beizos e a brisa do mar nos pulmóns.

E lémbrome de min baixo eses soportais
mirando na rúa ós paraugas berrar ¡¡nunca mais!!

Un labirinto de sentimentos dentro de min ó baixarme dese tren.
Volven os bicos, bagoas, sorrisos,
vellas amizades e aquela canción
que na túa habitación escribimos xuntas
en Compostela!

credits

from Filosof​í​a incendiaria, track released May 5, 2017
® [DAKIDARRÍA]

Produción musical:
- Javier Abreu

Mix & Master:
- Alberto Castro

license

all rights reserved

tags

about

Dakidarría Galicia, Spain

+info en www.dakidarria.gal

shows

contact / help

Contact Dakidarría

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Dakidarría, you may also like: